Saltar ao contido principal

XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO

“O sabor da aventura está no mar” é un programa creado pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos frescos do mar de Galicia entre as nenas e nenos da nosa Comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias. Os seus destinatarios son os escolares de Educación Infantil e Primaria e os seus profesores.

O programa “O sabor da aventura está no mar” ten como protagonistas a cuadrilla de “Os Arroases”, sete nenas e nenos que a través das súas aventuras descobren as múltiples vantaxes do consumo equilibrado de produtos do mar. Cada un deles ten o seu peixe ou marisco favorito, do que recibe un súper-poder especial.



Publicacións populares deste blog

FROITAS NA ESCOLA_2 DÍA

DESPEDIMOS O CURSO dende A CASA e polo MAR ABAIXO protexidos da COVID con MÁSCARAS

Volveremos a vernos as caras. 

#EUQUEDONACASA

E podo pensar en ideas para traballar O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR.